Foto de Alfred Eisenstaedt |
O mindoniense quería saber se, como afirmaba T. S. Eliot, o único que queda da vida,das rosas cando arden, é "a cinza na manga dun vello"
.De feito este era o titulo escollido para a sua autobiografia , un deses libros inexistentes que nos deixou , unha de tantas rosas que dará aínda o seu corazón , xa baixo terra soterrado en Mondoñedo .
Na sua obra late o desexo profundo de que Galicia , a temporal e a eterna , siga , que continue esa terra que a sua lingua con escuro acento labrego precisaba para existir ." Canto mais é un do seu tempo e do seu pais , canto máis é un do seu espello e da sua paisaxe, ten entón máis posibilidades de ser verdadeiro "
Para Cunqueiro todo regreso dun home a Itaca é outra creación do mundo ."Cando volvo a ti , a dozura da terra vaime vindo como un can silenzoso que lambera o meu peito "
No hay comentarios:
Publicar un comentario